Thursday 02 de May de 2024

O Partido Popular de Miño constitúe a nova xestora do partido


A Xunta Directiva Provincial aprobou esta semana a nova xestora do PP de Miño. Presidida por Begoña Yañez, candidata á alcaldía, está formada por 30 veciños de cada unha das parroquias e na que están representadas todas as xeracións.

Con esta nova xestora consolídase a rexeneración do partido. Co obxectivo principal das eleccións municipais de maio, desde hai meses estiveron traballando para formar un equipo no que todos os integrantes participan activamente en reunións e actividades.

No acto trasladouse o agradecemento ao anterior presidente ,Jesús Veiga, polo traballo destes anos así como a súa axuda para que esta renovación de partido fose posible.

Begoña Yañez deu as grazas aos integrantes da xestora pola súa disposición e sinalou que o Partido Popular de Miño está aberto a todos os veciños que queiran formar parte neste novo proxecto, cuxa finalidade non é máis que traballar para que Miño mellore cada día, así como mellorar os servizos e a atención aos veciños facendo que a vida no noso municipio sexa moito máis agradable .